Vivir aquí
O futuro de comer e construír
16/10/2021 15:30 h
Índice de contidos
SUMARIO
Plataforma da dieta atlántica
Edificio verde
Cada 16 de outubro celébrase o día Mundial da alimentación e do pan, unha xornada para reflexionar sobre os modernos costumes gastronómicos. Iso é o que lles propoñen neste programa os integrantes da Plataforma da Dieta Atlántica a algúns dos mellores cociñeiros do mundo.
Tamén hai moitas novidades na construción relacionadas coas novas demandas sociais canto a coidado ambiental. Pódense coñecer case todas no coñecido como Edificio Verde que se acaba de construír en Lugo e que é o primeiro de España en conseguir o certificado de calidade que entrega o Consello Mundial Forestal.