CRTVG

Buscar

Vivir aquí

A vida segue

03/10/2021 15:20 h

Índice de contidos

00:00 SUMARIO 
01:15 A clase vacinados
10:55 Heroes sen capa
16:18 Loxística San Froilán

Neste Vivir aquí achegámonos ao IES Poeta Díaz Castro, de Guitiriz, para coñecer de preto como se adaptan os distintos niveis educativos á nova realidade favorecida pola vacinación da maioría da comunidade educativa. Unha realidade en que a solidariedade é moi abundante, coma a dos locais da Costa da Morte que, en agradecemento aos coñecidos como 'heroes sen capa', os colectivos de sanidade e emerxencias que loitan contra o coronavirus, ofrécenlles consumicións de balde. Coñecemos un exemplo.

A baixada da incidencia da pandemia posibilita que as festas vaian recuperando costumes de antes. Achegámonos a Lugo para coñecer a loxística do San Froilán deste 2021.

 

 

Atopar capítulo por: