CRTVG

Buscar

Vivir aquí

Economía colaborativa / Moda duradeira / Historia de superación da COVID

29/08/2021 14:00 h

Índice de contidos

00:00 SUMARIO 
01:29 Economía colaborativa
10:03 Moda duradeira
17:48 Historia de superación da COVID

A maior conciencia ambiental fai que se estean desenvolvendo xeitos de producir e consumir máis acordes cos novos conceptos ambientais, que non son outros que volver ao aproveitamento que se facía en épocas pasadas. Diso participan conceptos como economía colaborativa ou economía circular. Coñecemos un exemplo da man da asociación Daquí Darredor, de Brión, que posibilita a transmisión de coñecementos para quitarlle rendemento á produción das hortas particulares e mesmo a iniciación a pequenas actividades comerciais. 

Nese sentido traballan tamén no laboratorio de moda sostible Claudia Romero para facer prendas máis duradeiras e evitar o exceso de contaminación que produce a industria téxtil. Todos mergullados na nova realidade que impón o coronavirus. 

Neste programa coñecemos tamén a historia de José Francisco Gil, un músico dedicado ao mundo da verbena, que sufriu moi gravemente a covid-19 e experimentou unha recuperación considerada milagrosa. 

Atopar capítulo por: