Vivir aquí
Turismo no xeoparque / Peregrinaxe da cabalo / As festas do verán
Índice de contidos
Nun novo verán atípico, no VIVIR AQUÍ buscamos os destinos preferidos dos que non queren renunciar a viaxar. Desde hai pouco, en Galicia existe o Xeoparque Mundial da UNESCO Terras do Courel, cheo de posibilidades de lecer e que xunta vacacións e aprendizaxe da riqueza xeolóxica dunha parte única do país. Trátase dunha zona para camiñala a pé pero tamén de a cabalo, como fan xa moitos peregrinos polas rutas xacobeas. Acompañamos un grupo deles polo Camiño Francés e coñecemos as peculiaridades de peregrinar con estes animais.
Malia todo, este verán hai festas, iso si con moitas normas novas, para intentar conciliar lecer e saúde. Na fin de semana en que se xuntaban a maior cantidade de festas, romarías e concertos en Galicia, coñecemos como tiveron que cambiar as celebracións este verán.