Vivir aquí
O valor das lonas / Traballar desde o paraíso / Novos festivais musicais / Indicativo Cóndor
Índice de contidos
A solidariedade está moi presente coa pandemia do coronavirus, como a da Fundación Adcor, que puxo en marcha un obradoiro de reciclaxe en bolsas das lonas da construción, un traballo de economía circular que desenvolven nun taller ocupacional de discapacitados.Tamén traballan de xeito diferente na aldea de Anceu, en Ponte Caldelas, onde funciona un aloxamento para nómades dixitais. Persoas de todo o mundo, con profesións que permiten teletraballar, mesturan aquí as súas obrigas laborais co lecer.Rigorosas son as normas que se aplican este verán aos festivais musicais. Despois de ano e medio sen actividade, o sector dos promotores musicais volve programar concertos colectivos, como os que se desenvolven no Parque do Esquecemento en Betanzos, con protocolos estrictos de ocupación e distancias.Tamén vixian as ocupacións e toda clase de actuacións, na unidade aérea da Policía Nacional, que un ano máis en xullo desenvolve o seu labor en Galicia centrándose especialmente nos días grandes das Festas do Apóstolo e en todo o relacionado co Xacobeo.