Vivir aquí
Colleiteiras función social / A memoria do catastro / Facer fogar da furgoneta / Glamping na illa
Índice de contidos
Neste programa exponse unha iniciativa laboral con moito significado, a da cooperativa Mulleres Colleiteiras, formada principalmente por xitanas, que atoparon nesta actividade non só un xeito de gañar a vida recollendo e reciclando aceites usados senón tamén unha nova oportunidade de inclusión na sociedade.
Social é tamén o labor que se fai no Arquivo do Reino de Galicia axudando aos que precisan información sobre localización e propiedade de leiras. Un servizo moi descoñecido e porén moi necesario nun país cheo de minifundios abandonados.
Do abandono estanse recuperando tamén moitas furgonetas, que se transforman en auténticos fogares grazas á moda da camperización. O éxito das autocaravanas e o turismo por burbullas está facendo florecer esta actividade laboral en Galicia.
Tamén florece a moda do glamping, un campismo de luxo que se pode practicar, por exemplo, na Illa de Arousa, nun novo establecemento que desenvolve o acampamento con glamour.