Vivir aquí
Estranxeiros en Galicia na era covid / Praias en modo covid / Peregrinación a vela / Os escenarios de 3 camiños
Índice de contidos
A pandemia do coronavirus trastornou a vida de todos. Pero cando se vive no estranxeiro, a loxística familiar é moito máis complicada. Cóntano neste Vivir Aquí os estranxeiros da Orquestra Sinfónica de Galicia, das poucas formacións deste tipo que seguiron en activo durante todo este tempo e mantiveron e meso ampliaron o seu repertorio.
Tamén se están adaptando os costumes nas praias. Todos os que desenvolven o seu traballo arredor delas afrontan este verán máis tranquilos que o do 2020. Por exemplo, en Nigrán, na súa praia con máis sona, a Praia América.
No mar desenvólvese tamén a peregrinación a vela que se acaba de poñer en marcha ao abeiro deste peculiar ano Xacobeo. A iniciativa parte desde o País Vasco e relaciona peregrinación e traballo feminino no mar.
Tamén en relación con este Ano Santo, a Telelevisión de Galicia estrea a serie Tres camiños, que se desenvolve na ruta francesa á Santiago. Este programa visita os escenarios reais máis emblemáticos, onde se gravou esta serie.