Vivir aquí
Reabre o parador de Muxía / Elixe Galicia / Dobraxe ao galego da serie turca / Eventos G: Orquestras
Índice de contidos
Neste Vivir Aquí achegámonos ata Muxía para coñecer como o seu Parador, o último en crearse na rede de Paradores Nacionais, volve poñerse en marcha despois de que a súa inauguración o pillara en plena pandemia. Tamén se pon en marcha o 'Elixe Galicia' un programa de fomento do turismo interior, dirixido principalmente a xubilados , pero que desta volta tamén se abre a outras idades. Tamén está de estrea a programación da Telelvisión de Galicia, que encara o verán con propostas como a serie turca 'Irmáns' . Visitamos o set de dobraxe para saber como se adapta esta ficción ao galego e cales serán as voces que pronto serán familiares nas súas personaxes. E na parte de produción propia da Galega, estréase Eventos G, cunha gran variedade de contidos musicais. O primeiro enfronta ás míticas Orquestras galegas Panorama e París de Noia. Infiltrados na gravación, descubrimos que hai moita rivalidade amistosa.