Vivir aquí
Vacinación masiva / Un soño chamado verbena / Reflorece o Corpus
Índice de contidos
Neste Vivir aquí temos a oportunidade de coñecer polo miúdo como é o proceso de vacinado masivo en Galicia, desde que se reciben as vacinas ata que se lles poñen aos convocados, nunha xornada calquera na Cidade da Cultura, en Santiago deCompostela. É un proceso moi estudado e protocolario que permite vacinar cantidade de xente de xeito áxil. Precisamente, o aumento de vacinados está contribuíndo a que se poidan ir rebaixando as restricións. Notarano en moitos sectores, por exemplo, no das orquestras. Esta pandemia serviu para que se organizasen e para que afronten este verán con novas ferramentas para sobrevivir. E malia todo, as festas seguen, non só no calendario. Adáptanse ás circunstancias, coma a do Corpus, que este ano se celebra o domingo 6 de xuño. En localidades como Ponteareas adaptáronse de tal xeito, que a festa ea conmemoración van encher todo o día. Nas semanas previas tivéronse que facer moitos preparativos. O Vivir aquí estivo con eles.