CRTVG

Buscar

Vivir aquí

Turismo poscovid 19 / Contos do Mar na Costa da Morte / Fronteira aberta / Adeus á vella estación

30/05/2021 14:00 h

Índice de contidos

00:00 SUMARIO
01:28 Novos costumes de viaxe
09:09 Turismo slow-contos do mar
18:51 A fronteira volve abrise
27:20 Os últimos días da estación

Dedicamos este ‘Vivir aquí’ á volta á actividade dos sectores relacionados co turismo. Hoteis e axencias de viaxe adáptanse en Galicia aos novos costumes dos viaxeiros, que se volveron máis esixentes, fan viaxes máis curtas e improvisadas pero non renuncian aos bos servicios turísticos. E achegámonos a novas propostas, como a que fan desde a Costa da Morte, con roteiros para un turismo máis relacionado coa vida cotía dos seus habitantes. É o que se chama turismo amodiño ou 'turismo slow'. Tamén nos achegamos ás fronteiras con Portugal para ver como van recuperando pouco a pouco o tradicional movemento que, como pasa na de Chaves-Verín, fai que desde hai anos non se saiba onde empeza un país e onde acaba o outro. Finalmente, vivimos cos traballadores e usuarios da Estación de autobuses de Santiago de Compostela as últimas hora das instalacións de San Caetano, antes da posta en marcha da nova e primeira intermodal de Galicia, situada no ensanche Compostelán.

Atopar capítulo por: