Vivir aquí
Empresas de limpeza en pandemia / As tendas de recordos sofren pandemia / Peregrinos galegos / Programa 'Cousas da casa'
Índice de contidos
Neste 'Vivir aquí' ponse a ollada nun deses sectores que gañaron protagonismo e traballo por mor da pandemia do coronavirus: as empresas de limpeza. Pola contra, as tendas de recordos ligadas ao turismo viron moi diminuída a súa cantidade de clientes. Por exemplo, en Santiago de Compostela, moitas están seriamente afectadas para a súa supervivencia, un efecto ligado principalmente á falta de peregrinos durante moitos meses no último ano. Esta realidade non só prexudica a Compostela, senón tamén a todas a vilas polas que pasan as rutas xacobeas, como Portomarín. Finalmente, achegámonos a un dos novos programas de éxito da televisión de Galicia, 'Cousas da casa', que axuda cada semana a poñer orde naqueles domicilios onde o caos e a organización de roupa e enseres son realmente un problema vital.