CRTVG

Buscar

Vivir aquí

A pandemia en feminino / Emprendedoras da pandemia / Científicas de agora / Roteiro de mulleres na Coruña

07/03/2021 14:00 h

Índice de contidos

00:00 A pandemia en feminino
05:20 Grandes científicas dagora
15:04 Emprendedoras en pandemia
24:07 Ruta turística de grandes mulleres

Este VIVIR AQUI vai dedicado á muller desde varios ámbitos. Son catro reportaxes cos seguintes contidos:

- A pandemia en feminino: Falamos coas presidentas da Asociación profesional de axentes de Igualdade de Galicia e da Federación Galega de Mulleres Rurais, para que nos contaran como lles está afectando a pandemia as súas asociadas desde o punto de vista laboral e tamén vital. Nesta reportaxe tamén incluimos datos da campaña deste ano da ONU no 8 de marzo.

-Emprendedoras da pandemia: Recollemos a experiencia de 8 mulleres que , malia a situación deste último ano, decidiron abrir un negocio. Elas demostran a estadística que dí que o emprendemento en Galicia durante a pandemia está sendo feminino.

-Científicas de agora: Visitamos a María José Alonso, Catedrática de Farmacia e de tecnoloxía farmacéutica da USC e xefa do grupo Nanobiofar do CIMUS da USC, e a María de la Fuente, Directora do grupo de nanooncoloxía no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago que representa o millor da ciencia en feminino de Galicia. Falamos con elas sobre como é o seu día a día e o das súas compañeiras dedicadas a este ámbito con tanta relevancia agora mesmo.

-Roteiro de mulleres na Coruña: A importancia histórica dalgunhas mulleres galegas é tal que mesmo teñen xa un roteiro turístico na Coruña, donde deixaron pegada mulleres como Emilia Pardo Bazán, Teresa Herrera, Juana de Vega, Maria Casares ou Rosalía de Castro. É o primeiro roteiro deste tipo que se está desenvolvendo agora en España. 

Atopar capítulo por: