Vivir aquí
O San Xoán da Galega
25/06/2023 19:30 h
O día que me cambiou a vida de Vivir aquí repasa o arquivo da CRTVG para expoñer como se cubriron as festas de San Xoan desde a creación da Televisión pública galega. Trátase dunha das festas máis queridas e na que se implica máis xente desde a noite do 23 de xuño. Hoxe en día as celebracións son tan multitudinarias que na maioría das localidades búscase que o 24 de xuño sexa festivo. É ademais unha das festas con máis tradicións. Repasámolas neste programa.