Vivir aquí
Nais de serie
07/05/2023 19:30 h
Neste VIVIR AQUI-O DÍA QUE ME CAMBIOU A VIDA, faise un percorrido polos diferentes tipos de nais que saen nas series da TVG desde que se comezou a facer ficción aquí. Hainas de todos os tipos: fortes, débiles, felices, desgrazadas... pero todas teñen en común que reflicten nalgún aspecto a nosa maneira de ser. Porque as nais galegas son moi particulares e recoñecibles: son acolledoras, fortes, multitarefa, agarimosas pero sen pasarse e, sobre todo, son un piar social. En Galicia nada funciona sen un grupo de nais detrás. Malia que a nai galega ten o seu oco na cultura e na sociedade galega, na TVG e con este VIVIR AQUI queremos facerlle unha homenaxe, a través das moitas nais que tiveron tanta sona nas series da galega.