Vivir aquí
IA para falar e escribir
14/05/2023 12:30 h
No mes da Letras Galegas, o Vivir Aquí participa no proxecto FalAI, unha inciativa liderada por Balidea e o centro de investigación AtlanTTic da Universidade de Vigo que pretende desenvolver tecnoloxías que permitan ás persoas falar en galego co mundo dixital. Durante meses estiveron propoñéndolle á xente que participaran enviando gravacións en galego coa súa voz, para ir aprendéndolle á Intelixencia Artificial a comunicarse en galego. Este mes de maio presentan os resultados desta proposta.