Vivir aquí
Mestres que marcan
27/11/2021 15:30 h
Mestras e mestres comparten coa familia e co medio a complicada misión de facer persoas. E así llelo recoñece a sociedade a través dos Premios Educa, que valoran a excelencia no desenvolvemento do profesorado. Hai varios galegos e galegas entre os mellores. Como Alexandre Sotelino, profesor de Ciencias da Educación na USC, elixido como o mellor profesor universitario de España, ou Carmen Quinteiro do IES A Xunqueira 1 de Pontevedra e Jessica Rodríguez Piñeiro do CEIP Doutor Suárez de Fornelos de Montes, finalistas nas súas categorías.
Escoitándoos entendemos porque os queren os seus estudantes.