CRTVG

Buscar

Vivir aquí

Vivir a fin de ano

26/12/2015 15:30 h

As cinco reportaxes do programa “Vivir aquí” da Televisión de Galicia descobren cinco formas de pasar  a noite de fin de ano. Desde os máis tradicionais, os clásicos, como os que saen gozar dun cotillón nun hotel ou restaurante dos arredores na compaña de familia ou amigos, ata os que quedan na casa, sen saír, pero gozando tamén do ambiente entrañable en compaña dos seres queridos e decorando o fogar moi axeitadamente, como é o caso dunha galega que tras moitos anos nos Estados Unidos exportou  á súa terra un xeito diferente de decoración natalicia.


Noutra das reportaxes faise un achegamento á elaboración técnica e ao gran despregamento audiovisual do programa Luar previsto para esa noite máxica. Unha especie de “making off” en que participan centos de profesionais. Por último, e en ambiente de troula e diversión, pecha “Vivir aquí” o seu derradeiro programa do ano cunha reportaxe dos ensaios e preparativos da orquestra Os Satélites que, desde sempre, ofrecen un espectáculo nunha gran sala de festas á que acoden centos de convidados.

Atopar capítulo por: