Especial
Vive San Ramón
Cada 31 de agosto celébrase o día de San Ramón, que en Galicia dá lugar a importantes romarías e celebracións populares, entre as que destacan as de Boiro, Vilalba ou os fogos de artificio da cidade de Ferrol. Este especial repasa todas as tradicións do San Ramón nestes lugares.
No San Ramón de Bealo, en Boiro, a festa ten como protagonistas as familias que queren ter fillos e a ela asisten tamén moitas embarazadas pedindo un bo parto. Trátase dunha romaría relixiosa que, aínda que data do século XVIII, está vinculada a ritos pagáns máis antigos, vencellados aos gravados e petróglifos símbolo de fertilidade existentes xunto á ermida de San Ramón.
En Vilalba, os cabezudos, os desfiles de traxes rexionais e o das damas e raíñas marcan unha celebración á que tamén acoden milleiros de persoas.
Ferrol vive este día con intensidade, xa que é a data que marca o día grande das festas e a despedida do verán.