CRTVG

Buscar

Especial

Vive A Peregrina 2017

19/08/2017 22:00 h

Un equipo capitaneado pola xornalista Noelia Otero amosa en directo o ambiente e as actividades máis destacadas da Festa da Peregrina en Pontevedra. 

As cámaras da TVG seguen polas rúas a carroza procesional para a ofrenda floral á Virxe, os pasacalles, as charangas, os concertos ao aire libre ou a Batalla das Flores. Nesta celebración tamén teñen un oco destacado os coñecidos Cantos de Taberna, que pola noite anegan os bares do centro histórico, da man de Maravallada ou Os Regatos. 

Aproveitando a festividade, este especial cóntanos a historia da Peregrina, patroa do camiño portugués e cuxa capela se converteu nun emblema de Pontevedra. Ademais, amosa as prazas e os lugares máis fermosos da zona antiga da cidade e presenta a mellor gastronomía do lugar.

Atopar capítulo por: