CRTVG

Buscar

Zigzag diario

“Visións”, Lola Dueñas e “Angélica, una tragedia"

10/11/2016 21:00 h

O programa cultural da Televisión de Galicia contará no estudio de gravación coa produtora Beli Martinez para falar de “Visións”, filme colaborativo feito por dez realizadoras galegas, que se pode ver no Festival Cineuropa. 
Ademais, o espazo da canle publica ofrecerá un adianto do último traballo da artista visual e fotógrafa Carla Andrade e unha pequena homenaxe á actriz Lola Dueñas, premio Cineuropa e que estará tamén presente no festival a través do filme francés “Les Ogres”, dirixido por Léa Fehner e en que forma parte do elenco. 
Por último, o cultural entrevistará a Manuel Fernández-Valdés, director do “Angélica, una tragedia", que rende homenaxe á escritora, actriz e directora de escena Angélica Liddell e que pasou polo Festival Internacional de Cine de Ourense, o OUFF. 

Atopar capítulo por: