Zigzag diario
Virginia Curiá / "Estruturas en construción" / "O que hai que facer para non ir ao mar"
Pilar G. Rego entrevista a directora Virginia Curiá, responsable da película de animación “Meigallos” - que participa o 28 de marzo no Foro de Produción Animazine, organizado polo Festival de Málaga - e da curtametraxe “Aqua”, candidata aos Premios Mestre Mateo.
Dous documentais: “Estruturas en construción”, de Xosé Bocixa e Paco Gallego, e “O que hai que facer para non ir ao mar”. Este último realizado por Iago e Uxía Vazquez, fillos dos actores Tuto Vázquez e María Xosé Mosteiro, que emprenden unha viaxe histórica e emocional a través de compañeiros de profesión dos seus pais para explorar a historia do teatro galego desde os anos 60.
Ademais, as últimas novidades sobre o Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui, cuxa décima edición se celebrará do 2 ao 6 de abril e que centrará a súa ollada no realizador mexicano Nicolás Pereda.