CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Villanueva, Frans Banfield, Uli Jon Roth e Biribirlocke

12/04/2017 21:00 h

O cultual da tvG2 comeza con de Villanueva, que estará no estudio para falar do seu último traballo “Zoo para dos”. Ademais, os espectadores terán ocasión de escoitar a guitarra do músico argentino-galego Frans Banfield, que presenta novo traballo, gravado en Bos Aires. No álbum "El Desencuentro", publicado xunto a súa banda Los Hijos del Rigor inclúe o tema “Avaricia”, primeiro corte do disco, que acompaña dun videoclip en que rende homenaxe á cidade de Vigo. Moncho Lemos falará doutra guitarra mítica, a de Uli Jon Roth, que actúa o venres na Coruña. O espazo emitirá así mesmo unha reportaxe sobre Biribirlocke, unha banda de Ames que fai rock en galego e con metais. Presentarán o seu disco "Tentando a sorte" esta fin de semana na sala Capitol de Santiago xunto con Noite Fechada.

Atopar capítulo por: