Documental
Vilcabamba, un reino entre as nubes
07/10/2021 23:25 h
Comeza coa partida da expedición no ano 2006 dirixida polo xornalista coruñés, Santiago del Valle na procura da misteriosa capital perdida dos Incas: Vilcabamba a Grande. Moitos foron os exploradores que andiveron na súa busca dende o século XIX. Pero as investigacións e as pescudas do xornalista coruñés xa comezaran uns dez anos antes, en diferentes expedicións, tomando como punto de partida, crónicas da época. Santiago del Valle irá relatando paso a paso, as diferentes expedicións ao longo de máis de dez anos, con as dificultades, os achádegos e mesmo como conseguiron a través dunha ONG, levar axuda sanitaria a esas lonxanas terras.