CRTVG

Buscar

Zigzag diario

“Vikingland 2016”, “A palabra xusta” e “7 days, 7 cities”

22/12/2016 21:00 h

“Vikingland 2016” é o primeiro proxecto en formato físico de Ulobit. Compuxérono a base de imaxes do filme “Vikingland” (2011), de Xurxo Cirro, mais música electrónica e sons de zanfona. O cineasta Xurxo Cirro estará hoxe no “ZigZag Diario” para falar deste novidoso traballo do que a banda sacou unha edición limitada que se entrega en formato USB nunha lata de conserva.
Tamén en clave documental, a presentadora do “ZigZag Diario”, Pilar García Rego, falará con Miguel Piñeiro, director de “Tita, o documental”, un filme sobre a mestra Antía Cal, que se proxectará a vindeira semana en Vigo.
“7 days, 7 cities”, de Dani López, é outro documental con selo galego. Trátase dunha road movie que continúa a narración iniciada con “This is life” sobre a historia dun equipo de médicos galegos liderado por Diego González Rivas na súa viaxe por todo o mundo para formar a médicos locais nunha avanzada técnica cirúrxica.

Atopar capítulo por: