CRTVG

Buscar

Eirado

Vicente Peña Saavedra / Magín Blanco / Santiago Jaureguízar

17/03/2013

Conversa con Vicente Peña Saavedra, comisario da exposición “Luces do alén mar. As escolas de americanos en Galicia”, unha ambiciosa iniciativa para inventariar e documentar o patrimonio educativo fundado polos emigrantes galegos en América desde finais do século XIX ata a guerra civil. 

Magín Blanco, unha das figuras máis senlleiras do pop galego, fala dunha innovadora e estimulante proposta para os máis pequenos: o libro-disco “A nena e o grilo nun barquiño”, cheo de pequenas historias orixinais acompañadas cada unha da súa canción do máis exquisito e pegadizo pop. Blanco interpreta algúns dos temas deste traballo no escenario de “Eirado”.

 No tempo dedicado aos libros, o xornalista e escritor Santiago Jaureguízar presenta “Amor de serea”, onde lle volve dar vida a Tintimán, un mozo xornalista, aventureiro e fachendoso que nas dúas entregas anteriores investigou senllas conspiracións históricas nas cidades de Santiago e da Coruña. 

 Nos preparativos de “Días sen Gloria”, unha montaxe do Centro Dramático Galego sobre un texto de Roberto Vidal Bolaño.

 Moncho Lemos e Ángel Suanzes falan da película “Si fuera fácil”, unha comedia para os que se negan a medrar.

Atopar capítulo por: