Sopa de festa
VI Romaría Enxebre Gastronómica de San Miguel de Lamela (Silleda)
18/04/2016 23:30 h
O equipo do programa da Televisión de Galicia compartirá cos veciños unha xornada en que a música, a gastronomía e a troula estará presente durante todo o día. Esta celebración pretende recuperar as tradicionais romarías gastronómicas cun xantar onde os produtos galegos serán protagonistas, como a empanada, o polbo, o churrasco ou a queimada, entre outros e sen esquecer o acompañamento da música tradicional.