CRTVG

Buscar

Estache bo!

Verduras variadas recheas de vaca rubia

10/11/2021 19:50 h

Ingredientes:

Para o rustrido: • 1kg de carne picada de tenreira • 1 cebola moi picada • 2 dentes de allo • 1 cenoria moi picada • 150 gr de champiñóns moi picados • 2 tomates relados • 1 cunca de viño branco • 1 cullerada de tomate concentrado • Sal e pementa • Aceite de oliva

Para o tomate recheo: • Rustrido de tenreira • 2 culleradas de ourego • 1 cullerada de vinagre de Módena

Para a cabaciña rechea: • Rustrido de tenreira • 1 cuña de queixo

Para o pemento vermello recheo: • Rustrido de tenreira • 1 ducia de olivas negras • 1 cullerada de cúrcuma • 1 cunca de anacardios • 1 cunca de pan relado

Elaboración: Tres verduras e unha carne. Nunha tarteira douramos ben a carne e retirámola. Na mesma tarteira rustrimos as verduras, incorporamos o tomate, o viño e deixamos cocer uns 15 minutos. Enchemos o tomate coa carne e incorporámoslle o ourego e o vinagre. A cabaciña enchémola con carne metendo queixo no medio e tapándoa con máis queixo. E para o pemento, trituramos o pan relado, os anacardios, a cúrcuma e as olivas. Enchémolo e tapámolo con esta mistura. Enfornamos e listo para comer…!!!

Atopar capítulo por: