CRTVG

Buscar

Londres en xogo

Vela: Támara Echegoyen e Sofía Toro, campionas de Europa de Match-Race

27/07/2012

 

A viguesa Támara Echegoyen, de 28 anos, e a coruñesa Sofía Toro, de 21, representarán en Londres a vela galega, que volve ser olímpica por quintos xogos consecutivos.

Desde que o vigués Alfredo Vázquez acompañou o Príncipe Felipe na clase soling dos xogos de Barcelona, onde foron sextos e diploma, a vela galega non deixou de acudir á cita olímpica. Pero en Londres por vez primeira na historia haberá dúas mulleres galegas.

Boa parte da preparación desta tripulación desenvoleuse no centro galego de vela, en Vilagarcía.

Quintas da clasificación mundial, Toro e Echegoyen, xunto coa súa compañeira de tripulación, a asturiana Ángela Pumariega, non agochan as súas posibilidades de medalla.

A vela é o deporte que máis medallas olímpicas lle deu a España, 17, das que 11 foron de ouro, entre elas a de Fernando Echávarri e Antón Paz, campións en Pequín.

 

Atopar capítulo por: