CRTVG

Buscar

Vaia troula

Vaia troula. Programa 114: Feira Franca de Pontevedra

06/09/2015 22:30 h

Este domingo á noite os espectadores da Televisión de Galicia teñen unha nova cita con “Vaia Troula”, o programa máis festeiro da canle autonómica. Nieves Rodríguez viaxa ata a cidade de Pontevedra para participar na multitudinaria Feira Franca, unha festa que nos transporta por un día a época medieval con espectaculares desfiles, moita música e boa comida. 

Ademais, os reporteiros do programa continuarán percorrendo Galicia na procura das mellores troulas. Deste xeito, Fátima Mella achegarase ao concello pontevedrés de Cangas para vivir en primeira persoa o día do Cristo do Consolo, onde o acto central é unha emocionante procesión.

Pola súa parte, María Carballeira estará na Festa de San Ramón, no concello de Vilalba, onde fan unha exaltación do traxe rexional galego e tamén presumen dunha procesión que atrae a centos de persoas.

As cámaras de “Vaia Troula” tamén estarán presentes nas festas da parroquia de Santa Cruz, en Oleiros. Alí triunfan o churrasco, a verbena e os fogos de artificio, que non deixarán indiferente a ninguén. Outro dos destinos do programa deste domingo será a Festa da Virxe da Rocha de Caldelas de Tui, no Día da Empanada.

O menú trouleiro continuará coa Festa das Dores de Ponte Caldelas, a gran sardiñada de Culleredo e a tradicional procesión marítima da Virxe do Carme de Sanxenxo.

Atopar capítulo por: