CRTVG

Buscar

Vaia troula

Vaia Troula. Desde a Feira Franca Medieval de Betanzos

10/07/2016

Viaxamos ata a concello coruñés de Betanzos para participar na Feira Franca Medieval, unha auténtica troula que recrea a chegada dos mouros a este concello. Alí haberá música, baile, humor e moitas máis sorpresas.

Pola súa parte, a reporteira María Blanco achegarase a Ribadeo para celebrar con todos os veciños a Festa Indiana. Por uns días a vila retrocede no tempo ata chegar a principios do século XX. O glamour e a troula serán os protagonistas desta celebración.

Belén Vara estará en Vimianzo para asistir á Festa da Faguía, que ten lugar na parroquia de Carnés. Esta celebración, declarada de interese turístico en Galicia, destaca pola procesión de San Cristovo e polos deliciosos callos que os veciños cociñan para todos os visitantes.

E Ariadna Leis estará en Ponteceso, onde celebran a tradicional Festa do Percebe do Roncudo de Corme. Ata alí chegan milleiros de persoas para gozar co sabor dos mellores percebes do mundo e bailar coas charangas máis divertidas.

As cámaras de “Vaia Troula” tamén estarán presentes na Festa do Lacón de Silleda, na celebración de San Bieito en Mosteirón, no concello coruñés de Sada, e na gran pulpada e verbena de Mesía.

A celebración do San Cristovo, coas tradicionais procesións de vehículos, terá o seu espazo no programa. Deste xeito as reporteiras do programa viaxarán ata a parroquia de Baio, no concello de Zas, e tamén ata a localidade de Cee para festexar o día do patrón dos condutores. 

 

Atopar capítulo por: