Vaia troula
Vaia troula. Capítulo 106: Betanzos
O programa “Vaia Troula” viaxa esta semana a Betanzos para participar na Feira Franca medieval desta vila coruñesa, que recrea a chegada dos moros a este concello. María Carballeira viaxará ao concello pontevedrés de Boiro para gozar das festas do verán no Día das Peñas. Fátima Mella achegarase ata Vimianzo, concretamente á parroquia de Carnés, onde celebran a Festa da Faguía, na que os callos son os protagonistas. E, como non, a romaría de San Bieito de Lérez, en Pontevedra, a que acoden milleiros de persoas, tamén terá o seu espazo no programa deste domingo. Ademais, as cámaras de “Vaia Troula” estarán presentes na procesión da Virxe do Carme de Pontecesures.A proposta festeira do programa desta semana inclúe tamén a Festa Indiana de Ribadeo, unha celebración de época con moito glamour. “Vaia Troula” tamén estará en Muxía, na parroquia de Coucieiro, para celebrar as Festas do Socorro e asistir a tradicional Danza de Arcos.As festas de Silleda, nas que haberá música e unha exaltación do lacón, e a Feira Labrega de Meis completan o menú do programa deste domingo á noite. E para que a alegría sexa total, “Vaia Troula” ofrecerá tamén as actuacións das mellores orquestras.