CRTVG

Buscar

Documental

Víctor Said Armesto, o resplandor efémero

05/06/2020 00:10 h

Documental biográfico sobre Víctor Said Armesto, nado en Pontevedra o 13 de agosto de 1871 e finado en Madrid o 17 de xullo de 1914, que foi escritor e catedrático de Lingua e literatura galaico-portuguesa, o primeiro nesta especialidade. Xa con 15 anos dirixía a publicación La Guindilla. Estudou Dereito e Filosofía na Universidade de Compostela e doutorouse en Madrid. Alí pertence á loxia masónica "Comuneros de Castilla".

En 1902 casa con Amadora Santoro, coa que tivo sete fillos. En 1905 encárgase, xunto con Casto Sampedro, de preparar a fundación da Real Academia Galega (RAG). En 1907 entra en Solidaridad Gallega. Logra a cátedra, e tras ensinar en Reus e León, regresa ao instituto de Pontevedra.

Colaborou en prensa local, estatal e americana, como El Heraldo, El País, La Nación, Blanco y Negro, La Justicia, La Ilustración Española y Americana ou Galicia Literaria. A súa biblioteca, en parte herdada do seu tío Indalecio, consérvase no Museo de Pontevedra.

Atopar capítulo por: