CRTVG

Buscar

Un país en 360

Vía da Prata

05/03/2022 20:00 h

Estíbaliz Veiga comeza en Puebla de Sanabria, na provincia de Zamora, o desvío da Vía da Prata que seguían os peregrinos para chegar a Santiago de Compostela.

Esta ruta, tamén coñecida como Camiño do Sueste ou Camiño Mozárabe, entra en Galicia pola Gudiña e vai permitir que a nosa presentadora descubra o Ourense termal, a importancia da castaña e a tradición vinícola do Ribeiro.

Tamén imos navegar nun veleiro polo Miño, visitaremos unha aldea restaurada para uso turístico en Sarreaus e voaremos sobre o santuario dos Milagres de Baños de Molgas.

Atopar capítulo por: