CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Uxía Vaello, “Bye Bye Honey” e “Zugunruhe”

05/02/2016 21:00 h

O cultural da tvG2 “ZigZag Diario” trae esta semana, no seu venres de escénicas, a directora Uxía Vaello, que acaba presentar a súa montaxe “Insultos ao Público”, unha obra que trae, xunto a Borja Fernández, ao festival “Escenas do Cambio” na Cidade da Cultura. 
Dentro das propostas escénicas en cartel, o equipo do programa presenta unha reportaxe sobre o musical “Bye Bye Honey”, que este sábado está no Teatro Jofre de Ferrol.
A segunda proposta versa sobre a estrea absoluta de ArtesaCía para esta fin de semana. “Zugunruhe”, así se chama esta montaxe, da que o “ZigZag Diario” ten comentarios de Roi Fernández, director, e Laura Villaverde, actriz principal. Ambos os dous falarán de como nesta obra conviven unha creadora de contidos porno, un actor indeciso e unha diva atrapados no aeroporto de Bos Aires. Todos estes experimentan a síndrome do século XXI: o “Zugunruhe”. 

Atopar capítulo por: