Zigzag diario
Uxía, Aries, Os Amigos dos Músicos e "Bacalao"
21/12/2016 21:00 h
A cantante Uxía Senlle estará hoxe no estudio de gravación do “ZigZag Diario” para falar de dous proxectos nos que leva tempo implicada e que veñen de renovarse con novas propostas: María Fumaça e Cantos na Maré. O “ZigZag Diario” tamén falará do novo videoclip de Aries, en que cores e píxeles poñen imaxe a unha melodía hipnótica, e do novo traballo de Os Amigos dos Músicos, que acaban de gravar no belén de Baltar unha canción tradicional que fora adaptada no 1978 por Fuxan os Ventos. Por último, Moncho Lemos falará do libro da editorial Contra, “Bacalao”, que recolle a historia da música en Valencia.