Urxencia cero
Capítulo 7
Eva Muíños non está disposta a ceder ante a chantaxe de Xaime nin a poñer a Alicia en perigo, así que sen dubidalo pídelle axuda a Losada para desfacerse do seu interno, aínda que isto implique desvelarlle ao cirurxián que é o pai de Alicia. Pero a axuda de Losada non é tan eficaz como Eva podía pensar. Sobre todo, cando diante teñen un home disposto ao que sexa para que Muíños non se afaste do seu lado.
Mentres tanto, Ánxela Souto ten que enfrontarse a outro problema: o seu pai. O doutor Souto, consciente das graves consecuencias da súa operación, quere repetila. Pero desta vez esixiralle a Ánxela que contrate o seu equipo. Cando a noticia chega aos oídos de Sara, non dubida en contarlle a Ánxela a enfermidade do seu pai, que tomará cartas no asunto para evitar que o doutor Souto siga operando.