Urxencia cero
Capítulo 6
Cando Pili lle asegurou a Olaia que o seu marido estaba ben, non podía imaxinar que Xoán ía empeorar en cuestión de minutos. Por sorte, o doutor Losada fará o que estea na súa man para salvar a Xoán. Aínda que, nesta ocasión, isto semella que non vai ser dabondo.
Muíños aínda se está recuperando do impacto que lle supuxo ver a Xaime Cargoll no Francisco Balmis. Pero o medo axiña muda a ira cando pilla o residente coqueteando coa súa filla. Imaxina cal é a súa estratexia: facerlle dano a través de Alicia e iso non o pode permitir. Eva fará todo o que estea nas súas mans para evitar que o seu agresor poida volver facerlle dano, a ela ou á súa filla. Pero a doutora Muíños non estará soa na súa batalla. Axiña descubrirá que no hospital conta con máis apoios dos que imaxina.
Mentres tanto, o Francisco Balmis está preparado para recibir un dos mellores neurocirurxiáns dos últimos tempos: César Souto, que vai extirpar un tumor cunha técnica experimental. Pero as que non están preparadas son Ánxela e Sara, as dúas fillas de César.