Urxencia cero
Capítulo 5
A Miguel, un rapaz de 17 anos, non lle queda moito tempo. A súa situación é desesperada: a diálise xa non funciona e necesita un transplante de ril o antes posible. A doutora Muíños necesita da colaboración da nai de Miguel para atopar un doador en vivo, o que a obrigará a desvelar o seu segredo: quen é o pai biolóxico de Miguel.
Para o doutor Losada as cousas tampouco están indo ben. Un dos seus pacientes está en quirófano agardando por un corazón que non chega. Para gañar un pouco de tempo, Losada decide colocarlle un corazón artificial á espera de que apareza un órgano compatible, pero todos saben que o único que fai é atrasar o inevitable. E cando o corazón xa parece a punto de chegar, unha inoportuna tormenta impide a aterraxe do avión que transporta o órgano.