CRTVG

Buscar

Urxencia cero

Capítulo 4

14/02/2016 22:00 h

Sabela, unha nena que necesita un dobre transplante cardíaco e abdominal, operación complexa como poucas! Losada e Muíños xa teñen prevista a cirurxía, pero antes de comezar atópanse cun novo impedimento: a nai da nena non quere que a operen. 

A vida dun paciente en lista de espera non é fácil. E Pili sábeo moi ben. Por iso a Unidade de Transplantes organiza encontros cos pacientes para explicarlles como afrontar a súa situación. Cando Pili non atopa a Jacinto entre os asistentes é consciente de que algo vai mal, pero o problema é maior do que pode imaxinar. 

Pola súa parte, Xurxo e Lois vivirán unha situación difícil no quirófano. Un erro de Lois ocasionaralle danos irreparables ao paciente.

Atopar capítulo por: