CRTVG

Buscar

Unha viaxe para contar

Unha viaxe para contar: Celanova

17/03/2018 20:00 h

Marta Doviro diríxese a terras de Celanova. Na compaña de Cesáreo Iglesias, a viaxeira visita o mosteiro de San Salvador, declarado Monumento Nacional e Premio Europa Nostra, un lugar con moitos segredos gardados durante séculos. Xunto a José Benito coñece un dos seus maiores tesouros, a capela de San Miguel, onde cada equinoccio de primavera e outono ocorre un fenómeno curioso: a luz do sol atravesa a capela iluminando de cheo o seu interior.

Con Yolanda Seara vai ata o chamado claustro do Poleiro do mosteiro. Logo dun paseo pola vila, Marta visita A Casa dos Poetas, museo e sede da Fundación Curros Enríquez. Nela, Paula Conde amósalle o lugar dedicado a grandes escritores desta terra coñecida como “Terra de Poetas”. 

Marta fai unha parada no camiño para degustar un xantar na compaña de catro xeracións de mulleres en Casa Ramirás e gozar dun paseo a cabalo na compaña de Sebastián del Cristo, á beira do río Arnoia. Remata a súa viaxe no monte Leboreirón con Juan Fernández, onde vive a experiencia do seu primeiro "Safari Galego".

 

Atopar capítulo por: