CRTVG

Buscar

Zigzag diario

“Unha mirada de antano” , Vitor Ribeiro e Álvaro de la Vega e “A timidez da copa das árbores”

27/06/2017 21:00 h

O programa “ZigZag Diario” ofrecerá hoxe unha entrevista con Paloma Vela, responsable da exposición de Afundación con motivo da reedición do libro de fotografía “Unha mirada de antano” de Ruth Matilda Anderson, fotógrafa estadounidense da Hispanic Society of America que realizou dúas longas campañas de fotografía etnográfica en Galicia de 1924 a 1926. 
A localidade portuguesa de Barcelos acolle a mostra escultórica dun artista do porto que vive en Mafra, preto de Cascais, e un galego de Paradela residente en Rianxo: Vitor Ribeiro e Álvaro de la Vega.
Ademais, o espazo presentado por Pilar G. Rego visitará no Marco de Vigo a exposición “A timidez da copa das árbores”, un fenómeno botánico mediante o cal cada árbore define un límite no seu crecemento.

Atopar capítulo por: