Momentos G
Unha iniciativa galega traballa para aproveitar excedentes alimentarios
28/02/2021 13:36 h
Reinventar alimentos, ou o que é o mesmo, aproveitar os excedentes de produción que non chegan ao mercado como materia prima para elaborar alimentos liofilizados e funcionais de alto valor nutricional e cunha caducidade longa, é a proposta de Essence Food, unha empresa galega que xa está traballando no desenvolvemento da súa primeira fábrica aquí en Galicia. Imos falar de tecnoloxía aplicada aos alimentos e de frear o desperdicio de comida co fundador de Essence Food, Marcio Barradas.