Documental
Unha historia galega: Retratos da represión na Galicia de 1936
22/04/2021 23:25 h
O idilio entre Francisco e Chonchiña, que se coñeceron en 1931, tivo que enfrontarse á Guerra Civil e á ditadura. Esta é a historia real da parella que, despois de Francisco ser indultado da pena de morte imposta polos fascistas, se exiliou durante tres décadas en México. O matrimonio inspiraría a novela de Manuel Rivas "O lapis do carpinteiro". Conta coa participación do escritor, da propia Chonchiña, e de Isaac Díaz Pardo, fillo de Camilo Díaz, o debuxante e ilustrador que inspirou o personaxe do Pintor no libro.