Momentos G
Unha galega, premiada en América por investigar sobre a seguridade nos avións
30/01/2021 14:30 h
Préstalles viaxar en avión? É unha forma segura de viaxar, hai poucos accidentes pero cando hai un, a catástrofe é desoladora. Certo é que hai moita xente dedicada a minimizar esa posiblidade, facendo avións máis seguros. A enxeñeira civil e investigadora da UDC, Clara Cid Bengoa foi premiada entre 2.100 estudos de innovación polo Instituto Americano de Aeronáutica e Astronáutica.