Momentos G
Unha empresa de "desocupación" para combater a ocupación ilegal
06/09/2020 13:44 h
De seguro que lembran o caso de varias vivendas dunha urbanización de luxo na Coruña que foron ocupadas de maneira ilegal. Este foi un de tantos, porque o dos okupas é un fenómeno que por desgraza está cada día máis presente na nosa sociedade e que, de feito, aumentou durante a crise da covid-19. Esta foi unha das razóns que levou a varios lugueses a crear unha empresa de desocupación.