CRTVG

Buscar

Sopa de festa

"Unha de berberechos!"

18/02/2016 23:55 h

A reporteira do programa, Inma Morandeira, compartirá unha xornada coas mariscadoras de Cabo de Cruz. Ademais, o programa viaxará ata Corrubedo para visitar o restaurante Benboa. A colaboradora Churra cociñará con Kevin un risotto con algas e berberechos. E, para rematar esta homenaxe gastronómica ao berberecho das nosas rías, o equipo de “Sopa de Festa” irá ata Foz. A vila da mariña lucense celebrou ao longo da fin de semana a Festa do Berberecho. 

Atopar capítulo por: