CRTVG

Buscar

Zigzag diario

“Unfinished”, “Con-fío en Galicia” e "Morte terra"

07/06/2016 21:00 h

“ZigZag Diario” terá hoxe como convidado no estudio de gravación o arquitecto de Muxía Carlos Quintáns, gañador do León de Ouro da Bienal de Venecia como comisario, xunto ao madrileño Iñaqui Carnicero, do pavillón de España. A súa proposta, titulada “Unfinished”, formula unha reflexión sobre as arquitecturas inacabadas.
Ademais, o espazo da tvG2 ofrecerá unha reportaxe sobre a mostra “Con-fío en Galicia”. Pasado, presente e porvir do téxtil galego reúnense na exposición que o Gaiás acolle ata setembro, con especial atencion aos anos 80, que lideraron Adolfo Dominguez, Roberto Verino ou Kina Fernández.  Finalmente, “ZigZag Diario” visitará a exposición fotográfica "Morte terra", do fotógrafo italiano Matteo Bertolino, que se pode visitar no claustro do colexio de Fonseca, en Santiago. 

Atopar capítulo por: