Os días de Suso
Un touro / Asunto de cornos / O valeirado de Caty / Fisioterapia para Nuka
Outro mércores máis, “Os días de Suso” regresa á Televisión de Galicia para que os espectadores poidan seguir as andainas deste veterinario do rural galego. Neste espazo séguense as aventuras cotiás de Suso, que traballa desde a mañá ata a noite para salvar a vida dos animais que o precisan.
No capítulo de hoxe, Suso terá que enfrontarse a un touro con moi malas pulgas e que lle dará máis traballo do esperado. Tamén poderá comprobar como un animal, por moi pequeno que sexa, pode ter un gran problema que precisa poñerlle solución. E dos seus problemas tamén se segue a recuperar Nuka na casa de Suso e Pilar. Nuka precisará hoxe un pouco de fisioterapia canina.
E nun programa coma este non podían faltar os cornos. Poñelos é cousa doutros programas. En “Os Días de Suso”, os espectadores aprenderán a quitalos.