Momentos G
Un de cada catro homes sofre o trastorno de incontinencia urinaria
28/02/2021 13:33 h
A incontinencia urinaria é un tema que estamos afeitos a tratar no tocante ás mulleres, pero que non é exclusivo delas, nin moito menos. Nos homes é un trastorno máis habitual do que podemos pensar, precisamente porque en moitos casos segue sendo tabú. Imos falalo con Dionisio López, xefe de uroloxía do CHUO.