CRTVG

Buscar

Garfield e mailos seus amigos

Un convidado rallante / O burlador burlado / Gordos e peludos

07/07/2022 15:39 h

Garfield, é un gato gordo, cínico e de cor laranxa que fai rir co seu irónico e peculiar xeito de ve-la vida, pero coidado con acercarse a seu prato de comida, pode periga-la vida de quen o intente. A Garfield apaixóalle a comida italiana e o dono do restaurante onde ata entón vivía tivo que botalo fóra só pena de quedar sen pasta. Despois dunha tenda de animais, Garfield acabou na casa de Jon Arbuckle, un solteirón do máis monótono e aburrido. Pero a vida era demasiado tranquila para Garfield, ata que chegou Lyman, un antigo amigo de Jon acompañado polo seu can, Odie que arruinou a estática e monótona existencia de Garfield. A vida na casa de Jon, as interminables horas diante da tele e as "charlas" co solitario Jon, acabaron por converter a Garfield nun humano dentro dun traxe de gato ata o punto de que adquiríu hábitos máis propios dunha persoa que dun gato, como ver a tele ata altas horas, converterse nun adicto ó café, andar sobre dúas patas, non poder pasar sen o seu inseparable osiño de peluche Pooki, ou aborrecer sobremaneira os luns.

Atopar capítulo por: